2/2/09

Exames!

Nenos e nenas!

Época de parciais e finais (os peores) pero tod@s sabemos que, como mínimo, un par de matrículas cada un hemos sacar, ou?

Nos podemos, así que ánimo e a por todas!

Á volta atoparedes uns cartaces sobre unha cea, pode ser moi interesante, adiantamos información:

Cea de Gala de 1º de Arte; no Hostal dos Reis Católicos. Imaxinade a toda a clase (ou á gran maioría, esperemos) vestidos de gala reunidos cunha suculenta cea.

Pois todo iso supón un gasto de non máis de 30€, que ben valen a pena por unha noite especial de fin de cuatrimestre.

Vémonos á volta do tempo de exames.

Moita sorte!

(Non esquezades votar, e mesmo comentar!)